O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reúne a 1.200 persoas no recinto de Expourense para apoiar a candidatura de José Ramón Gómez Besteiro á presidencia da Xunta de Galicia.
Durante o acto, Besteiro e Sánchez fixeron alusións a que «Galicia vai ser imparable» si os socialistas acadan o goberno autonómico.
Pedro Sánchez reúne a 1.200 persoas en Expourense
«A forza das mulleres van ser decisivas as mulleres nos van impulsar ao cambio en Galicia o 18 de febreiro» destacou Besteiro como unha das claves da cita electoral. Non se esqueceu Besteiro da provincia de Ourense durante a súa intervención indicando que «nós a Ourense, non imos a tratala nin de segunda nin campo de batalla, imos ofrecerlle futuro».
Pedro Sánchez, presidente do Goberno de España, fixo referencia á ausencia de Alfonso Rueda nos debates electorais. «Para liderar un país como Galicia, hai que merecelo, hai que traballalo, hai que dar a cara e render contas. Esta terra precisa líderes que dean a cara por Galicia, que rendan contas e respecten ao cidadán e cidadá».