Eventos

Pelazo trae o seu “Sonido Santa Marina” ao Café Cultural Auriense

O Better Things Club organiza en Ourense o concerto da banda asturiana Pelazo, unha das formacións máis prometedoras do power pop estatal, o sábado 12 de abril de 2025.

A cita será o sábado 12 de abril, con apertura de portas ás 20:00 horas e inicio do concerto ás 21:00 horas.

Pelazo trae o seu “Sonido Santa Marina” ao Café Cultural Auriense

O grupo Pelazo, procedente do barrio de Santa Marina en Mieres (Asturias), actuará no Café Cultural Auriense da man do colectivo Better Things Club. As entradas están dispoñibles por 15 euros no Rock Club e no propio Auriense.

Formada en 2020 con membros de bandas recoñecidas como Doctor Explosión, The Cynics, Thee Operatoars ou Tumiza, Pelazo está composta por Adrián Cadaya (guitarra solista e voz), Vini Serrano (baixo e voz), Pablo “Pibli” González (batería e voz) e Pablo Álvarez Torre (guitarra rítmica e voz).

Tralo lanzamento de dous singles esgotados e cheos de personalidade, a banda deu un paso adiante co seu primeiro LP Sonido Santa Marina, editado por Folc Records. O disco contén dez temas propios nos que demostran dominio instrumental, coidado na composición e unha paixón desbordante, todo acompañado polas ilustracións do artista Mik Baro, que deseñou unha portada con sabor a pinball dos anos sesenta e setenta.

Pelazo destaca por un directo potente e sen fisuras, capaz de emocionar desde a primeira escoita. A súa proposta de pop poderoso e imaxinativo conquistou xa numerosos escenarios, e agora chega a Ourense para ofrecer unha noite inesquecible no Auriense.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.