Familias

O Pereiro de Aguiar abre mañá as súas piscinas municipais

O concello do Pereiro de Aguiar abre mañá, 1 de xullo, as súas piscinas municipais situadas na Urbanización Veiga de Abaixo.

Estas instalacións son un importante recurso para os veciños do Pereiro ante as altas temperaturas que se rexistran no verán.

O Pereiro de Aguiar abre mañá as súas piscinas municipais

Á espera da apertura das piscinas de Monterrei, o concello do Pereiro abre estas instalacións que funcionarán en horario de 12:30h a 20:30h.

Os prezos para facer uso destas instalacións son os seguintes:

O Pereiro de Aguiar abre mañá as súas piscinas municipais
Foto: Pereiro.gal

Empadroados

  • 1 – Abonos por temporada
    • a) Familiar, entendéndose pais/nais e fillos/as menores de 16 anos: 20 €
    • b) Adultos, maiores de 15 anos: 10 €
    • c) Menores ata 15 anos, incluídos: 5 €
  • 2 – Cota diaria
    • a) Familiar: 2 €
    • b) Adultos: 1 €
    • c) Infantís: 0,50 €

Non empadroados

  • 1 – Abonos por temporada
    • a) Familiar, entendéndose pais/nais e fillos/as menores de 16 anos: 30 €
    • b) Adultos, maiores de 15 anos: 12 €
    • c) Menores ata 15 anos, incluídos: 6 €
  • 2 – Cota diaria
    • a) Familiar: 3 €
    • b) Adultos: 1,20 €
    • c) Infantís: 0,60 €

Botón volver arriba