Noticias

Piden rematar o enlace da A-52 coa zona industrial

Desde o PSdeG-PSOE piden rematar o enlace da A-52 coa zona industrial e que nestes momentos remata na N-525. «Remataremos con este agravio que vive unha das maiores áreas industriais de Galicia e que non conta cun acceso de alta capacidade, cousa que si acontece nos outros grandes parques industriais da nosa comunidade».

Integrantes da candidatura do PSdeG-PSOE de Ourense ás próximas eleccións municipais visitaron a intersección da A-52 coa N-525.

Piden rematar o enlace da A-52 coa zona industrial

O remate da autovía en «terra de ninguén» é unha mostra do «illamento que vive a zona industrial de San Cibrao por mor do desleixo e o abandono do Partido Popular» segundo os socialistas. Ante a posibilidade de acadar o goberno autonómico con Besteiro, os integrantes da candidatura indican que «construiremos os tramos pendentes, transformando unha estrada convencional, nunha vía de alta capacidade».

Carmen Rodríguez Dacosta, cabeza de lista, critica que a pesar de contar con fondos europeos, Rueda e Feijóo «non foron que de rematar cunha infraestrutura historicamente demandada polos polígonos, os empresarios e as empresarias e os milleiros de traballadores e traballadoras que se desprazan a diario ao Polígono de San Cibrao, Barreiros e o Parque Tecnolóxico».

Piden rematar o enlace da A-52 coa zona industrial

Nacho Gómez Pérez, número dous da candidatura, recordou que «os e as socialistas levamos moitos anos demandando esta infraestrutura». Nacho Gómez destacou que Besteiro «si aposta por infraestruturas e pola industria e por construír un pais con ambición».

Botón volver arriba