Noticias

As piscinas municipais de San Cibrao abren o 20 de xuño

As piscinas municipais de Pontenoalla e Soutopenedo, pertencentes ao Concello de San Cibrao das Viñas, abrirán ao público o vindeiro venres 20 de xuño.

Estas instalacións permanecerán operativas ata o 7 de setembro, incluídos ambos días.

As piscinas municipais de San Cibrao abren o 20 de xuño

Durante toda a tempada estival, as instalacións ofrecerán un amplo horario de apertura, de 13:00 a 21:00 horas, ideal para desfrutar das tardes de verán en compañía.

Como cada ano, ambas piscinas contarán tamén con servizo de bar, facilitando un espazo de lecer completo e cómodo para veciñanza e visitantes.

Estas dúas zonas de baño son un punto de encontro habitual no verán e contribúen a dinamizar a vida social e familiar do municipio.

As piscinas municipais de San Cibrao abren o 20 de xuño

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.