Eventos

A poesía inunda o Liceo de Ourense

A poesía inunda o Liceo de Ourense coa proposta que a plataforma Queremos UPO organiza para o martes, 7 de novembro, a partir das 20h.

Nós a Xente do Redor e o Círculo Poético Ouensán serán os protagonistas de «Palabras, Pálpitos e outros Sentires».

A poesía inunda o Liceo de Ourense

A poesía será o medio polo que os participantes nesta proposta do Ano Cultural 2023 na honra da UPO darán voz ó sentir que cada un leva no seu interior. Esta expresión literario permitirá mostrar a sensibilidade agochada en cada palabra dos poemas que soarán no Patio de Columnas do Liceo de Ourense.

Mediante esta acción poética, a plataforma Non ao Peche da UPO da continuidade á programación realizada durante o ano 2023.

A poesía inunda o Liceo de Ourense

Botón volver arriba