A Asociación Por Eles TEA recibe a doazón do PSdeG de Ourense do importe recibido pola participación na Festa dos Maios de 2024.
Marga Martín Rodríguez, presidenta de honra da Comisión Executiva Municipal do PSdeG de Ourense, e José Ramón Fernández Morgade, secretario de Organización, fixeron entrega do cheque da doazón.
Por Eles TEA recibe a doazón do PSdeG de Ourense
«É un pracer poder contribuír, por unha banda, a unha celebración que vai no noso ADN como ourensáns e, por outra, a unha causa tan importante como a inserción dos e das menores con autismo ao longo da provincia de Ourense» indicou Fernández Morgade.

A doazón de 300€ contribúe a manter a actividade da Asociación Por Eles TEA, fundada no ano 2018 por familias de persoas con Trastorno do Espectro Autista. O Maio que presentou a agrupación socialista representaba o símbolo do infinito, elemento que representa ás entidades sociais que prestan servizo a persoas con TEA.