O PP de Ourense denunciou ante a Xunta Electoral Central que o contedor electoral instalado polo PSOE no centro da cidade recibe subministración eléctrica desde a Subdelegación do Goberno.
Os populares consideran que estes feitos poderían supoñer un uso partidista de recursos públicos durante a campaña electoral.
O PP denuncia o uso da Subdelegación para a campaña do PSOE
Os candidatos populares ao Congreso, Ana Belén Vázquez e Roberto González, aseguraron que comprobaron a existencia dun cable que conecta a instalación socialista co edificio da Subdelegación do Goberno. O partido presentou unha denuncia esta mesma mañá para que a Xunta Electoral Central analice a situación.

Os representantes do PP cuestionan que unha instalación de propaganda electoral coa imaxe de Pedro Sánchez utilice electricidade dun edificio público. Consideran que esta situación compromete a neutralidade institucional.
«Durante estes anos, o Partido Socialista utilizou como se fosen o seu propio cortijo as institucións de todos os españois e hoxe tamén as de todos os ourensáns», afirmaron Vázquez e González.
A denuncia solicita que a Xunta Electoral Central se pronuncie sobre o posible uso de recursos públicos con fins electorais e o cumprimento do deber de neutralidade das institucións durante a campaña.

