O PP presenta a súa lista por Ourense para as eleccións autonómicas que se celebrarán o domingo, 18 de febreiro e nas que teñen como obxectivo contribuír a que Alfonso Rueda continúe como presidente da Xunta de Galicia.
Elena Rivo, actual conselleira de promoción do emprego e igualdade, será a cabeza de lista na que tamén figura nos primeiros postos o conselleiro de Medio Rural, José González.
O PP presenta a súa lista por Ourense para as autonómicas
Victoria Núñez é unha das principais incorporacións nun listado no que continúan persoas que contan cunha importante traxectoria no parlamento galego como é o caso do presidente do Parlamento, Miguel Santalices.
Luís Menor, líder provincial do Partido Popular, destaca a composición do listado «mantendo na lista a persoas que ata agora xogaron un importante papel no ámbito autonómico e abrindo a candidatura á incorporación de representantes comarcais».
Candidatura do Partido Popular por Ourense
- 1. Elena Rivo López
- 2. Victoria Núñez López
- 3. José González Vázquez
- 4. Miguel Ángel Santalices Vieira
- 5. Gabriel Alén Castro
- 6. Noelia Pérez López
- 7. Antonio Rodríguez Miranda
- 8. Marisol Díaz Mouteira
- 9. Argimiro Marnotes Fernández
- 10. José Luis Ferro Iglesias
- 11. Xosé Manuel Merelles Remy
- 12. Víctor Manuel Baladrón Lamas
- 13. Cristina Campero Dorado
- 14. Ana Méndez Gil
Suplentes
- 1. Juan Manuel Casares Gándara
- 2. Miguel Ángel Viso Diéguez
- 3. María del Carmen Conde Lorenzo
- 4. Manuel Alexandre Nóvoa González
- 5. Noelia Quintana Espinoso