Noticias

Premio Frei Martín Sarmiento para dous escritores ourensáns

O mes de maio comezou coa entrega do Premio Literario Frei Martín Sarmiento para dous escritores ourensáns polo seu traballo «A Pulga Espacial«.

A obra escrita polos escritores Alba De Evan e Xabier Domínguez foi premiada na segunda categoría recoñecendo a súa contribución á literatura infantil.

Editada por Cumio Editorial, a obra espertou o interese dos máis cativos que decidiron o premio a través dos seus votos. Entre os aspectos que máis valoraron, os pequenos lectores destacaron a creatividade e a capacidade por fomentar a lectura entre os máis cativos.

Premio Frei Martín Sarmiento para dous escritores ourensáns

O acto de entrega deste prestixioso premio que acadou a súa vixésima edición tivo lugar no Museo Pedagóxico de Galicia. Alba De Evan e Xabier Domínguez reciben este recoñecemento e contribúe a reforzar o traballo de ambos autores na creación literaria infantil e xuvenil en lingua galega.

Botón volver arriba