A presentación do XV Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso tivo lugar no Pazo Provincial para mostrar a programación da edición de 2022.
Un festival que acada a súa XV edición pode presumir de estar plenamente consolidado. Mostra dese arraigo é o excelente programa que presenta cada ano e o conxunto de colaboradores que garanten a viabilidade económica do mesmo.
Presentación do XV Festival Pórtico do Paraíso
A presentación da edición de 2022 permitiu coñecer os detalles da programación a organización nos ofrece. Juan Enrique Miguéns, director artístico do festival destaca «a volta a liña máis internacional do festival».
Rosendo Fernández, vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense deixou clara a «aposta da Deputación pola cultura» nun festival que presenta «propostas importantes no eido internacional da música culta». Dentro da programación destaca a realización de concertos en espazos como os Mosteiros de Santa Cristina de Ribas de Sil e Santa Marta de Montederramo, mostra da mestura de «música e patrimonio».
Purificación García, directora do Conservatorio de Ourense e Francisco Magide, concejal de cultura de Parada de Sil, tamén estiveron na presentación do festival. Purificación García lembrou a importancia destes eventos na «formación dos rapaces e na construción dunha sociedade culta».
Entre as novidades do festival destaca a interpretación dunha versión inédita en España do Requiem de Mozart. Esta obra foi descuberta polo director de Americantiga Ensemble, grupo que a interpretará na Igrexa das Caldas. A actuación terá a colaboración de Conchi da Silva e estará dedicado ás vítimas da pandemia e da guerra de Ucraína. No concerto de piano que Raúl da Costa ofrecerá en Montederramo participará a Orquestra Clásica do Conservatorio de Ourense para interpretar o concerto nº9 de Mozart.
Programa do XV Festival Pórtico do Paraíso
- Americantiga Ensemble
29 de abril na igrexa de Santiago das Caldas (Ourense) ás 20:30h. - Andrew Lawrence-King
1 de maio no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil) ás 19h. - Kyuhee Park
6 de maio no Liceo de Ourense ás 20:30h. - Raúl da Costa
8 de maio no Mosteiro de Montederramo ás 19h.
Cursos de interpretación
- Kyuhee Park
5 de maio no Conservatorio de Ourense. - Raúl da Costa
- 4, 5 e 6 de maio no Conservatorio de Ourense.