Xa coñecemos o programa de actividades do Entroido de Verán que organiza a Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte para o sábado, 15 de xuño de 2024.
A localización destas actividades será o campo fa feira onde terán lugar propostas gastronómicas, de lecer e musicais.
Programa do Entroido de Verán de Frei Canedo
A organización contará tamén coa presenza de varios foodtrucks onde poder mercar comida, doces e xeados durante toda a xornada. Está prevista unha afluencia masiva de persoas de toda a cidade para participar nas numerosas actividades programadas.
Frei Canedo pretende «impulsar un evento que agardamos teña continuidade no tempo e se converta nun novo referente no barrio da Ponte e na cidade de Ourense». Unha vez que coñecemos a anunciaron o programa do Entroido de Verán, desde Frei Canedo agardan «que esta primeira edición sexa un éxito total e que o barrio da Ponte se converta nun dos referentes dos entroidos de verán a nivel provincial e autonómico».

Imos ver con detalle a programación do Entroido de Verán
- 11h – Pasarrúas de Frei Canedo co grupo Cantares da Cuña
- 12h – Sesión vermú co Dúo Milenial
- 12 a 19h – Inchables e xogos para os máis pequenos
- 14h – Xantar Popular (prezo: 20€/adultos e 15€/infantil)
- 17h – Festa da Escuma
- 18h – Xincana para adultos (premio dun xamón e unha botella de viño para o gañador)
- 19h – Pasarrúas con Frei Canedo
- 20h – Gran Baile de Disfraces individual e grupal (premio de 50€ para o gañador individual e 100€ para o gañador grupal)
- 22h – Festa con DJ’s
