Xa coñecemos o programa das Festas da Valenzá (Barbadás) de 2024 que regresan trala polémica cancelación da edición do ano pasado.
En 2023, as festas da Valenzá tiveron varias situacións de «película» que remataron coa cancelación das mesmas o mesmo día que ían comezar.
Programa das Festas da Valenzá 2024
Para a edición de 2024, o concello de Barbadás delegou nunha comisión a organización destes festexos que se celebran nunha das localidades con máis poboación da provincia de Ourense. No cartel das festas da Valenzá 2024 atopamos unha programación que se realizará en diversas localizacións coa finalidade de facer partícipe a toda a veciñanza das actividades previstas.
As festas da Valenzá serán os días 7, 8, 9 e 11 de xuño de 2024 coa seguinte programación:
Venres, 7 de xuño
- 1º Torneo de Fútbol Sala A Valenzá
- 21:30h – Actuación da Escola de Baile Móvete Galicia no palco da orquestra
- 23:30h – Actuación do grupo Yucatán na avenida de Celanova (nº47)
Sábado, 8 de xuño
- 1º Torneo de Futbolín
- 1º Torneo de Tute
- 12:30h – Actuación da Banda de Música diante de Talleres Altamira
- 17:30h – Festa da Escuma, (Movete Galicia), Festa Infantil e Karaoke (Parque dos Patos)
- 21h – Actuación Música Urbana con David VS, NTW ENDIIII e máis artistas invitados
- 22h – Karaoke no Bar Alecrín
- 23h – Festival no Parque da Liberdade con A Gramola e Juanjo García, Omy Cid, Samu Pexe, Eric García, Marcos Gramola e Adri V.
Domingo, 9 de xuño
- 12h – Pinturas y Colores con Artelandia
- 18h – Actuación do Mago Deimi (Terraza do Bar Vely)
- 23:30h – Actuación da orquestra Verano Azul na avenida de Celanova (nº33)
Martes, 11 de xuño
- Discomóbil Tosho_Events + Karaoke a Praza do Pobo