Noticias

Barbadás aproba medidas contra a violencia machista e laboral

O pleno de Barbadás aprobou as dúas mocións presentadas polo PSdeG-PSOE para reforzar a loita contra a violencia machista e mellorar as condicións laborais das profesionais das escolas infantís de 0 a 3 anos.

A primeira iniciativa, defendida por Elisabet González Nistal, recibiu o apoio unánime e reclama reforzar os recursos municipais de prevención e atención ás vítimas, así como aumentar o financiamento nos orzamentos de 2027.

Barbadás aproba medidas contra a violencia machista e laboral

A segunda proposta, presentada por Marga Pérez Fernández, saíu adiante co apoio de todos os grupos agás a abstención do concelleiro do Partido Galego. Reclama reducir as ratios, mellorar os salarios, implantar a parella educativa e recoñecer o carácter educativo desta etapa.

Barbadás aproba medidas contra a violencia machista e laboral.

Pérez tamén alertou das dificultades para cubrir baixas na Escola Infantil Municipal da Valenzá, que atende preto dun cento de menores con doce profesionais.

Botón volver arriba