Noticias

Barbadás aproba tres propostas dos concelleiros non adscritos

O pleno acorda trasladar os plenos ordinarios á mañá, actualizar o inventario municipal e impulsar a creación dun auditorio.

Os concelleiros non adscritos de Barbadás, Manuel Ángel Fernández e José Luis Dorribo, conseguiron aprobar as tres propostas presentadas no pleno do 2 de novembro.

Barbadás aproba tres propostas dos concelleiros non adscritos

As iniciativas inclúen o cambio dos plenos ordinarios ao horario de mañá, a elaboración dun inventario actualizado dos bens municipais e a creación dun auditorio municipal.

Barbadás aproba tres propostas dos concelleiros non adscritos

Sobre esta última proposta, os concelleiros lembran que a Casa da Cultura da Valenzá, único espazo habilitado para estes espectáculos, ten un aforo de 150 persoas. Como exemplo, sinalan que as entradas para a actuación de David Amor do 6 de novembro se esgotaron nada máis saír á venda.

Na mesma sesión aprobáronse mocións do PSdeG contra a violencia machista e en defensa do persoal das escolas infantís, así como unha iniciativa do BNG de apoio á folga xeral do 11 de novembro en defensa dunha vivenda digna. Tamén saíron adiante as modificacións das taxas de auga e saneamento para adaptalas ao IPC e un crédito para gastos de persoal.

Botón volver arriba