Eventos

Programación do 8 de marzo en Barbadás

A programación con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, no concello de Barbadás comezará este venres e cun recital poético-musical.

O concello de Barbadás programou varias actividades coas que conmemorar unha data tan destacada no calendario como é o Día da Muller.

Programación do 8 de marzo en Barbadás

Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, indicou que «hai que dar máis pasos en favor da igualdade, a loita debe ser ardua e continuada».

Programación do 8 de marzo en Barbadás
Foto: Concello de Barbadás

Será precisamente o 8 de marzo cando de comezo a programación. A actriz Lucía Álvarez e o músico José Luis Troitiña realizarán un recital poético-musical na Casa da Cultura Manuel María. Poemas de Alba Cid ou Chus Pato soarán a través da voz de Lucía Álvarez para conmemorar o 8 de marzo.

O sábado, 9 de marzo, Barbadás celebrará a I Carreira pola Igualdade. A saída desta proba na que participarán máis de 300 persoas será ás 11h no Polideportivo Municipal. Ese mesmo día ás 20h, a Casa da Cultura de Barbadás acollerá o concerto de Carolina Rubirosa.

Programación do 8 de marzo en Barbadás

Durante os meses de abril e maio, o concello pon o foco nos centros educativos. CEIP Filomena Dato, IES Ferro Couselo, CEIP O Ruxidoiro e CPR Luís Vives acollen un ciclo de educación afectivo-sexual organizado polo concello. «O traballo cos colexios e coa mocidade é imprescindible nesta loita» destacou Elisabeth González, concelleira de Igualdade.

Botón volver arriba