Eventos

O Pereiro presenta unha completa programación cultural para 2025

A programación cultural no Pereiro de Aguiar para o ano 2025 chega cargada de música, teatro, literatura e festas populares, cunha ampla variedade de propostas que se estenderán dende abril ata decembro.

O Concello aposta así por unha oferta cultural diversa e accesible, pensada para todos os públicos.

O Pereiro presenta unha completa programación cultural para 2025

Abril dará comezo coa actuación da Academia de Música do Pereiro e o espectáculo infantil de Magín Blanco. Destaca tamén a presentación do libro Ordena tu tiempo de Mar Rey, acompañada pola música do grupo Loureiro.

En maio celebrarase o Día das Letras Galegas cunha actuación da Coral Terras de Aguiar, XC Caneiro e Emilio Rúa. O mes inclúe tamén o festival Ourenfest en Monterrei, a Semana da Saúde e a I Edición do Festival de Teatro Afeccionado Padre Feijoo, ademais de varias representacións teatrais no Auditorio dos Gozos.

Xuño manterá o ritmo con máis teatro e música: o grupo Loureiro, o Centro Social de Maceda e a Aula de Teatro do Pereiro de Aguiar subirán ao escenario con diversas obras, mentres que o día 21 actuarán os Pandereteiras do Pereiro de Aguiar.

En xullo terá lugar a VI Feira Etnográfica con música, teatro e mercado artesanal. A isto súmanse espectáculos de rúa como MeRe-cidamente e o concerto do Día de Galicia coa actuación do Grupo Rebulir.

Durante agosto, o público poderá gozar co teatro de Ghazafelhos, contacontos con Galerna Crúa e un concerto de Etiqueta Negra.

Setembro trae a tradicional Xoldra de Aguiar no Campo dos Gozos e un concerto de Óscar Ibáñez na Praza do Concello. En outubro, os máis pequenos terán unha sesión de contacontos con Barafunda Animación.

A programación pecha en decembro cunha xornada de Nadal con visita de Papá Noel e a obra En Busca de Papá Noel de Trémola Teatro, pensada para gozar en familia.

O Pereiro presenta unha completa programación cultural para 2025

Con esta completa axenda, O Pereiro consolídase como un referente cultural da comarca, apostando polo talento local e o lecer comunitario durante todo o ano.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.