A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense participará, por terceiro ano consecutivo, na Festa dos Maios, unha das celebracións máis senlleiras da cultura popular ourensá.
A agrupación socialista volve así sumarse a esta tradición, convidando a toda a cidadanía a colaborar na elaboración do seu maio.
O PSdeG-PSOE de Ourense volverá participar na Festa dos Maios
Tal como aconteceu en edicións anteriores, a formación comprométese a doar integramente o recadado pola participación a unha entidade do terceiro sector. “A primeira vez entregamos o importe á Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Esta experiencia foi moi gratificante e quixemos repetir doando o gañado a Por Eles Tea en 2024”, explicou a secretaria xeral do PSdeG en Ourense, Natalia González Benéitez.

A elaboración do maio poderá facerse o venres 3 e sábado 4 de maio pola tarde, a partir das 18:00 horas. Xa o domingo, dende as 11:00 horas, entoaranse as tradicionais coplas na Praza Maior, mantendo viva unha das festas máis emblemáticas do calendario ourensán.