Eventos

O PSdeG de Ourense celebra as Letras Galegas na Praza de San Martiño

A Comisión Executiva Municipal (CEM) do PSdeG de Ourense celebrará este venres o Día das Letras Galegas cun acto aberto á cidadanía que terá lugar ás 19:30 horas na Praza San Martiño.

A proposta cultural inclúe a actuación musical de A Voz das Mouras, un grupo feminino que mestura tradición oral e vangarda.

O PSdeG de Ourense celebra as Letras Galegas na Praza de San Martiño

Na súa actuación, renderá homenaxe ás mulleres que mantiveron viva a cultura popular galega.

O PSdeG de Ourense celebra as Letras Galegas na Praza de San Martiño

Queremos facer unha festa en homenaxe a esas mulleres cantareiras que fixeron perdurar a tradición e o folclore do pobo galego”, afirma Cristina Cruz, secretaria de Educación da CEM. O grupo convidado, explica, encarna “a mestura de herdanza e vangarda” que define o espírito da cultura galega contemporánea.

Natalia González, secretaria xeral da Agrupación Municipal, destaca o protagonismo histórico das mulleres: “As pandeireteiras, bailadoras e tocadoras son símbolo de resistencia, apoderamento e sororidade. Fortaleceron os vencellos comunitarios no ocio colectivo, aínda que moitas veces sen ser conscientes da súa forza emocional e política”.

O PSdeG de Ourense celebra as Letras Galegas na Praza de San Martiño

O acto promovido polo PSdeG de Ourense ten como obxectivo visibilizar o papel fundamental das mulleres na creación e transmisión da identidade galega.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.