O PSdeG-PSOE de Ourense celebra o seu Comité Provincial onde fixou as liñas de traballo da súa actividade política para os próximos meses.
Esta xuntanza serviu tamén para establecer algúns cambios na Comisión Executiva Provincial coa designación de novos nomeamentos.
O PSOE celebra o seu Comité Provincial
Aumentar a actividade política para acadar a confianza da cidadanía na provincia de Ourense é a principal conclusión do Comité Provincial do PSdeG-PSOE.
«A mobilización e a xeración dun discurso político propio son necesidades máis acuciantes, nestes intres, logo dos acontecementos políticos sucedidos ao longo do tempo e as accións levadas a cabo no eido provincial» sinalou o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino.
Ademais da actividade impulsada pola dirección do partido, Villarino pide un esforzo á militancia. «Animamos á militancia do partido a traballar con máis intensidade que nunca para recuperar a confianza da cidadanía e a erixir ao PSdeG-PSOE no referente político da provincia de Ourense».
Entre as persoas que se incorporan á Comisión Executiva Provincial están a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asun Morgade, o alcalde de Melón, Emilio Luís Díaz, e a concelleira en Vilardevós, Marina Lovelace.