Noticias

O PSOE reclama máis recursos para AODEMPER

O PSdeG visitou a asociación ourensá, que leva 30 anos ofrecendo atención e apoio a persoas con enfermidades neurodexenerativas e ás súas familias.

Representantes do PSOE de Ourense visitaron AODEMPER, a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras, para coñecer o seu traballo e escoitar as necesidades das persoas afectadas.

O PSOE reclama máis recursos para AODEMPER

As socialistas destacaron os 30 anos de traxectoria da entidade, que ofrece atención sociosanitaria, rehabilitación e apoio psicolóxico. Ademais, reclamaron máis recursos, estabilidade e colaboración entre administracións para garantir a continuidade destes servizos.

O PSOE reclama máis recursos para AODEMPER
Foto: PSOE

O PSdeG tamén puxo en valor os avances da Lei ELA e defendeu que outras enfermidades neurodexenerativas necesitan atención específica, apoio ás persoas coidadoras e recursos adaptados.

Botón volver arriba