O PSdeG-PSOE de Ourense publica un vídeo contra o voto a Baltar na Deputación de Ourense destacando que «votar ao Partido Popular, é votar a Baltar».
A campaña iniciada polo Partido Socialista insta ós veciños e veciñas a entender que o seu voto en calquera concello repercute directamente na Deputación de Ourense.
O PSOE publica un vídeo contra o voto a Baltar
O vídeo publicado polo PSdeG-PSOE de Ourense ten como protagonistas a dúas persoas. Estes, situados nunha marquesiña da Deputación manteñen unha conversa.

Durante a mesma, o home indica que vai votar ós de sempre e a muller responde indicando que «se vota ao PP, vota a Baltar». «Eu a quen vou votar é ao meu alcalde», insiste o home que recibe a aclaración de que «os votos do teu alcalde van tamén para a Deputación».
Nese momento, un coche pasa por diante da marquesiña a gran velocidade e despois de chamarlle «tolo, tolo», o home rompe o sobre electoral.