Colaboraciones

¿Que é o 8M para Marina Ortega?

¿Que é o 8M para Marina Ortega? Deputada por Ourense no Parlamento de Galicia.

O 8M é a lembranza de todas as que loitaron, valentes, nunha sociedade machista, a de fai décadas, e que pagaron con cárcere, pagaron con illamento social, con maledicencias, con precariedade laboral e incluso moitas coa propia vida. Todas coñecemos ás grandes heroínas que trouxeron os dereitos que hoxe temos, pero hoxe quero lembrar ás anónimas, ás que ninguén sabe nin saberá delas pero que foron clave para chegar ata aquí.

O 8M fai presente a loita pola igualdade, un dos desafíos máis xustos que temos por diante e aínda queda moito por facer. As mulleres que temos certa responsabilidade a nivel político ou empresarial temos na nosa man seguir incentivando romper o teito de cristal, para que cheguemos a ocupar polo menos a metade do poder. Cada vez que unha muller rompe o chamado teito de cristal, remóvese de novo a loita das nosas predecesoras valentes que pagaron moi caro pero nunca se agacharon.

¿Que é o 8M para Marina Ortega?
¿Que é o 8M para Marina Ortega?

A pandemia amosounos a forza en rostro de muller, como se falou dos bombeiros no 11S, as coidadoras de maiores e persoas dependentes, as enfermeiras, as traballadoras do SAF, as coidadoras non profesionais, a maioría mulleres, miraron cara a cara ao virus e non deixaron de facer o seu, coidar aos que máis o precisan no peor momento de todos. Momentos moi duros nos que, tiveron que encarar o seu traballo coidado de persoas positivas ao virus, con medo, moito medo , porque elas tamén teñen familia, tamén poden ser vulnerables ao virus, pero sabendo o perigo que corrían continuaron o seu traballo con valentía, como os soldados que non dubidaron en traballar en Chernobyl. Nunca esqueceremos o traballo destas mulleres nos peores momentos.

O 8M faime lembrar a miña avoa, unha desas mulleres que ninguén coñece nin coñecerá pero que se revelou contra o sistema en tempos duros e pagou caro. Tiña moito carácter, e a sociedade ía por detrás dos seus ideais, por iso non aguantou o que a sociedade mandaba soportar, e decidiu facer a vida que quería sen imposicións patriarcais, pagouno con cárcere, e con algo máis duro aínda, o illamento da propia sociedade. Pero gañou algo, ademais do orgullo dos seus, logrou facer que moitas abrisen os ollos. As lideresas anónimas foron piares para dar pasos pola igualdade, foron fundamentais, xa que, a veciña do lado é capaz de normalizar unha conduta moito máis que calquera. As referentes anónimas foron peza fundamental.

Por elas, por nós, polas que virán que a loita pola igualdade nunca se apague.

Marina Ortega – Deputada por Ourense no Parlamento de Galicia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba