Noticias

Sen noticias da conmemoración do 25N

Desde o grupo municipal do PSdeG-PSOE denuncia que non existen noticias da conmemoración do 25N no concello de Ourense.

A concelleira Cristina Cruz, solicita a convocatoria do Consello Municipal de Igualdade que «leva sen reunirse dende o mes de febreiro».

Sen noticias da conmemoración do 25N

A celebración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, é un asunto que non interesa ó goberno municipal, segundo denuncian desde o PSdeG-PSOE. «Non parece que ao goberno de Democracia Orensana lle importe moito a Igualdade cando sempre deixa para último momento todo o que ten que ver coa materia» sinala a concelleira María Fernández.

Sen noticias da conmemoración do 25N
María Fernández e Cristina Cruz. Foto: PSdeG-PSOE

Esta situación únese á problemática relacionada coa sede do CIMM. Fernández lembra que «moitas das mulleres que acoden ao CIMM precisan asesoramento moi específico por parte de persoal cualificado e que se leve a cabo nunhas instalacións adecuadas para elo, que garantan a confidencialidade e seguridade das usuarias».

Back to top button