O Festival Internacional Rebulir 2021 sementa cultura no concello Ourensán de Ramirás coa celebración da súa gala central onde a tradición e o folclore eran os protagonistas da xornada.
A XVI edición do Festival Rebulir toca ó seu fin trala celebración da gala central que se levou a cabo no polideportivo de O Picouto (Ramirás).
Gala Central do Rebulir 2021
Dentro da Gala, as actuacións artísticas correron a cargo dos grupos «Quitus» (Ecuador), «Tangra» (Bulgaria), «Cacia» (Portugal) e «Mayalde» (Salamanca). Mediante a música e a danza, transportaron ós presentes mediante unha viaxe cara a cultura dos seus lugares de orixe.

Foi durante a gala cando se entregaron os Premios Rebulir da Cultura Galega. Estes premios recoñecen a aquelas persoas ou entidades que demostran unha contribución á recuperación e fomento da cultura galega. Nesta ocasión os galardoados foron:
- Xabier Díaz – música tradicional.
- Xabarín Club – normalización lingüística e difusión da cultura galega,
- Anxo Angueira – arraigo á literatura galega,
- Emigrantes retornados na comarca de Celanova – mención de honra.

O Rebulir 2021 sementa cultura en Ramirás
Rebulir chegou un ano máis ás terras de Ramirás e Celanova para seguir sementando o interese polo folclore e a tradición. A recuperación, conservación e promoción da Cultura Galega ten no Festival Rebulir un aliado incansable. A edición de 2021, rodeada de importantes medidas anticovid, pode catalogarse como un éxito de organización e participación.