A Agrupación Rebulir celebrou o seu Festival Internacional 2023 que chegou neste ano á súa 18ª edición e confirma a súa consolidación na escena cultural de Ourense e Galicia.
O concello de Ramirás acolleu o sábado, 16 de decembro, a 18ª edición do Festival Internacional Rebulir 2023.
Rebulir celebrou o seu Festival Internacional 2023
Este acto, considerado «unha ventá aberta as diferentes culturas do mundo» contou cunha importante asistencia de público e participantes que seguiron o acto presentado por Caldas e Mancho.
No programa de actuacións figuraban grupos de Bolivia, Senegal, Portugal ou Extremadura que mostraron o folclore das súas rexións.
- Grupo Rebulir
- Banda de Müsica de Ramirás
- Coros y Danzas El Miajón (Extremadura),
- Rancho Folclórico do Cartaxo (Portugal),
- Caporales San Simón Usa (Bolivia) e
- Mbolo Mooye Doole (Senegal
Premios Rebulir da Cultura Galega 2023
Nesta edición, os organizadores quixeron ter un xesto emotivo coa emigración galega en Suiza que permitiu transmitir a cultura da nosa comunidade fora das nosas fronteiras. Purificación Blanco e Jesús Lorenzo recolleron o premio que lles entregou Antonio Rodríguez, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
A entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega desta edición permitiu recoñecer a diversas persoas e colectivos que traballan a prol da cultura.
- Artes Escénicas – Luís Zahera (recolleu o premio Fina Calleja)
- Música Galega – Grupo Xurxo Fernandes
- Premio Homenaxe – Programa da Radio Galega – «Lume a Palleira»