Noticias

Rebulir doa 300 Kg de alimentos

A Asociación Cultural Rebulir doa 300 Kg de alimentos froito da campaña de doazóns que puxeron en marcha durante o Festival Internacional.

A organización destinataria de tan importante doazón foi o Banco de Alimentos de Ourense que fará chegar estes alimentos ás persoas máis necesitadas.

Rebulir doa 300 Kg de alimentos

Rebulir destinou os cartos das entradas para a Gala Central do Festival Internacional para adquirir productos. Ó mesmo tempo, a asociación pediu á veciñanza do concello de Ramirás que depositasen as súas doazóns no centro Social. Sumando ambas iniciativas, Rebulir conseguiu unha achega total de 300 Kg de alimentos e bebidas.

Rebulir doa 300 Kg de alimentos

Botón volver arriba