Membros do PSdeG-PSOE recordan nun acto a situación do socialismo durante a II República e ás principais figuras daquel momento.
Este evento, impulsado pola Comisión Executiva Municipal do PSdeG de Ourense, a Secretaría de Memoria Democrática da mesma e as Xuventudes Socialistas contou coa presenza do historiador Javier Quintas.
Recordan a situación do socialismo durante a II República
O Centro Cultural José Ángel Valente acolleu este acto que se realiza coincidindo coa semana da República.
Entre os nomes que se mencionaron figuran Ramón Fuentes Canal, Alfonso Quintana Peña ou Manuel Suárez. As sociedades obreiras e o papel que desempeñou o socialismo durante eses anos de República con logros como a chegada do ferrocarril e a reforma agraria foron temas a tratar.
Alba Iglesias, secretaria xeral de Xuventudes Socialistas, indicou sobre o actual sistema monárquico que «é evidente que estamos a falar dunha herdanza medieval que non se librou dalgúns dos seus privilexios, constituíndo por iso unha rémora para a democracia».
«Se na actualidade o PSOE non se empeña, como causa central e prioritaria do seu facer, en cambiar a forma de goberno é en tanto en cuanto pode albergar razoables esperanzas en que sean compatibles a Coroa e a Democracia» destacou Xosé Lois Carrión, responsable da Secretaría de Memoria.
Natalia González, secretaria xeral da agrupación municipal de Ourense, destacou a necesidade de recordar o que aconteceu naquel momento da historia e a relevancia de seguir homenaxeando ás vítimas que loitaron por conservar aquel sistema democrático.