Este sábado remata o circuíto de teatro amador que se celebra en Barbadás coa representación da obra «Soutelo Enterprise».
O grupo Tiruleque Teatro chega a Barbadás desde O Carballiño para facer a última actuación desta mostra que organizou o concello de Barbadás.
Remata o circuíto de teatro amador en Barbadás
A Sala Manuel María acollerá este sábado, 25 de novembro, esta obra na que poderemos ver a evolución de «Soutelo Enterprise». Este emporio consegue medrar grazas ás corruptelas mostrando a ambición desmedida por acadar unha mellor posición económica e política.

Esta obra para todos os públicos comezará ás 19:30h. Para poder asistir será preciso recoller as invitacións na Casa da Cultura de Barbadás.