Xa coñecemos os resultados do IV Concurso de interpretación Mestre Vide que se celebrou esta fin de semana no Conservatorio Profesional de música de Ourense.
O factor común a todos os participantes neste concurso musical foi o alto nivel que os músicos de distintas idades mostraron sobre o escenario.
Resultados do IV Concurso de interpretación Mestre Vide
Divididos en tres categorías, os instrumentistas demostraron a excelente labor que os conservatorios e as escolas de música de Ourense realizan. Un traballo que permite contar cunha excelente canteira musical en toda a provincia de Ourense.
Premios do IV Concurso de interpretación Mestre Vide
Sara Manteiga na categoría A, Isaac James Cañada na B e Haritz de los Santos na categoría C foron os músicos que acadaron o primeiro posto en cada sección.