Unha vez rematado, xa coñecemos os resultados do V Concurso de interpretación «Mestre Vide» que se celebrou onte, 6 de abril de 2024.
O conservatorio de Ourense organizou a 5ª edición do concurso de interpretación que leva o nome dunha das figuras máis relevantes da vida musical da provincia no último século.
Resultados do V Concurso de interpretación Mestre Vide
O alto nivel que posúe todo o alumnado que optaba a este concurso fixo necesario un proceso de preselección. Músicos de toda Galicia pasaron un primeiro corte do que saíron os finalistas do V Concurso de Interpretación «Mestre Vide».
Durante a xornada do 6 de abril, nenos e nenas desde curtas idades foron pasando polo escenario do Auditorio do Conservatorio para mostrar ante os asistentes e o xurado do concurso o alto nivel musical desta edición.
O traballo que conservatorios e escolas de música realizan en Ourense e no resto de Galicia é fundamental para seguir avanzando nunha correcta formación do alumnado destes centros.
Premios do Concurso Mestre Vide
Os dous premios nas distintas categorías foron para:
- 1º premio na Categoría A – Estela Rodríguez Rodríguez
- 2º premio na Categoría A – Romeu Tembrás Sánchez
- 1º premio na Categoría B – Miguel Varela Guzmán
- 1º premio na Categoría B – Hugo Viceiro Díz
- 2º premio na Categoría B – Lucas Fernández Escolante
- 1º Premio na Categoría C – Izan Justo Calviño
- 2º premio na Categoría C – Raquel Aydillo Pato
O xurado do V Concurso de Interpretación Mestre Vide tamén concedeu outros premios ós participantes deste evento.
- Categoría A
Premio do Público – Mikhail Merzlyakov Kostomarov e Estela Rodríguez Rodríguez
Premio Mestre Vide – Clara de Asís García Dorado - Categoría B
Premio do Púlbico – Diego Campos Meréns e Artai Isasi Vázquez
Premio Mestre Vide – Lucas Fernández Escolante - Categoría C
Premio do Público – Carlota García Rey
Premio Mestre Vide – Raquel Aydillo Pato
Mención de Honor – Leire González Serén