O concello de Ribadavia abre a piscina municipal este mércores, 29 de xuño, para dar resposta á importante demanda que ten este servizo.
Xa está preparada a piscina municipal de Ribadavia para entrar en funcionamento. Con un aforo máximo de 244 persoas, esta instalación terá moito protagonismo durante o verán.
Ribadavia abre a piscina municipal
Ó igual que ocorre noutros concellos, a contratación de socorristas foi a maior traba. Alcaldes e alcaldesas de toda a provincia están atopando numerosas dificultades para contratar a este persoal especializado. As xestións realizadas desde a alcaldía fixeron posible poder abrir as instalacións a tempo.
Ademais do uso lúdico que a veciñanza fai destas instalacións, o concello tamén promove un curso de natación. Esta iniciativa tivo unha resposta extraordinaria e contará cunha alta participación.
Horario e reserva
O horario da piscina de Ribadavia será de 11 a 14:30h e de 16:30 a 20:45h. Para acceder ás instalacións é necesario facer una reserva previa. Para poder realizar as reservas existen varias alternativas:
- na web deportesribadavia.es
- nas oficinas do Servizo municipal de Deportes (horario de mañá)
- no teléfono 988471549 (información)
Entradas e bonos
As tarifas para acceder á piscina de Ribadavia son:
- Entrada xuvenil (3 a 17 anos) – 1,5€
- Entrada adulto (+18 anos) – 2,5€
- Socios do Servizo Municipal de Deportes – de balde
Tamén existe a posibilidade de adquirir bonos para toda a temporada, estes bonos teñen mellores prezos para as persoas empadroadas en Ribadavia.
- Xuvenil – 15€ (28€ os non empadroados)
- Adulto – 30€ (49€ os non empadroados)
- Xubilado – 15€ (28€ os non empadroados)
Curso de Natación en Ribadavia
O luns, 4 de xullo, dará comezo o curso de natación que organiza o concello de Ribadavia. O horario do mesmo é de 11h a 14:30h.
80 nenos e nenas están inscritos para o curso de natación no mes de xullo, mostra do éxito da proposta.