Familias

Ribadavia abre a piscina municipal

O concello de Ribadavia abre a piscina municipal este mércores, 29 de xuño, para dar resposta á importante demanda que ten este servizo.

Xa está preparada a piscina municipal de Ribadavia para entrar en funcionamento. Con un aforo máximo de 244 persoas, esta instalación terá moito protagonismo durante o verán.

Ribadavia abre a piscina municipal

Ó igual que ocorre noutros concellos, a contratación de socorristas foi a maior traba. Alcaldes e alcaldesas de toda a provincia están atopando numerosas dificultades para contratar a este persoal especializado. As xestións realizadas desde a alcaldía fixeron posible poder abrir as instalacións a tempo.

Ademais do uso lúdico que a veciñanza fai destas instalacións, o concello tamén promove un curso de natación. Esta iniciativa tivo unha resposta extraordinaria e contará cunha alta participación.

Horario e reserva

O horario da piscina de Ribadavia será de 11 a 14:30h e de 16:30 a 20:45h. Para acceder ás instalacións é necesario facer una reserva previa. Para poder realizar as reservas existen varias alternativas:

  • na web deportesribadavia.es
  • nas oficinas do Servizo municipal de Deportes (horario de mañá)
  • no teléfono 988471549 (información)
Ribadavia abre a piscina municipal
Piscina de Ribadavia

Entradas e bonos

As tarifas para acceder á piscina de Ribadavia son:

  • Entrada xuvenil (3 a 17 anos) – 1,5€
  • Entrada adulto (+18 anos) – 2,5€
  • Socios do Servizo Municipal de Deportes – de balde

Tamén existe a posibilidade de adquirir bonos para toda a temporada, estes bonos teñen mellores prezos para as persoas empadroadas en Ribadavia.

  • Xuvenil – 15€ (28€ os non empadroados)
  • Adulto – 30€ (49€ os non empadroados)
  • Xubilado – 15€ (28€ os non empadroados)

Curso de Natación en Ribadavia

O luns, 4 de xullo, dará comezo o curso de natación que organiza o concello de Ribadavia. O horario do mesmo é de 11h a 14:30h.

80 nenos e nenas están inscritos para o curso de natación no mes de xullo, mostra do éxito da proposta.

Publicaciones relacionadas
Escuela de Música en Ourense

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba