Eventos

Ribadavia presenta «Concilia na Pascua»

O concello de Ribadavia presenta «Concilia na Pascua», unha iniciativa que ten como finalidade facilitar a conciliación laboral e familiar durante a Semana Santa 2023.

O prazo de inscrición nesta actividade lúdica remata o xoves, 30 de marzo, e poderán anotarse nenos e nenas de 3 a 14 anos. As prazas ofertadas serán 40 tras aumentar en dez as prazas con respecto a 2022.

Ribadavia presenta «Concilia na Pascua»

As actividades que realizarán os nenos e nenas participantes terán un enfoque pedagóxico para acompañar a experiencia persoal que supón participar nesta actividade. O horario de Concilia na Pascua será de 9 a 14h os días 3, 4, 5 e 10 de abril de 2023.

Ribadavia presenta "Concilia na Pascua"

Os prezos da actividade son:

  • Poboación en xeral
    • empadroados – 20€
    • non empadroados – 40€
  • Familias numerosas. Familias monoparentais. Neno/a con discapacidade. Segundo ou máis irmáns
    • empadroados – 10€
    • non empadroados – 30€

Botón volver arriba