Noticias

Ribeiro en Común pide unha pancarta no Concello en apoio a Palestina

O grupo municipal Ribeiro en Común reclamou hoxe a colocación dunha pancarta na casa consistorial co lema Ribadavia con Palestina. Pola paz e a liberdade e Basta xa de crimes contra a humanidade.

A formación considera que a gravidade da situación en Gaza obriga ás institucións locais a amosar publicamente a súa solidariedade.

Ribeiro en Común pide unha pancarta no Concello en apoio a Palestina

Segundo o colectivo, “os crimes diarios contra a humanidade e o bloqueo da axuda humanitaria deben estar no centro da vida política democrática” e non se pode actuar como se nada acontecese. Por iso, instan ao Concello a unirse a outras administracións que xa amosan visiblemente o seu apoio á paz en Gaza.

Ribeiro en Común pide unha pancarta no Concello en apoio a Palestina

Ribeiro en Común lembra que Ribadavia ostenta actualmente a presidencia rotatoria da Rede de Xuderías, polo que tamén lle corresponde un papel activo. Piden que desde esta entidade se promova unha declaración pola paz e polo desbloqueo da axuda humanitaria, así como a ruptura de toda relación institucional co actual goberno de Israel, evitando a súa participación en actividades culturais.

Ademais, critican a postura da Federación de Comunidades Xudías de España, á que acusan de facer política a favor do executivo de Netanyahu. Consideran “inexplicable” que a organización conte cun espazo en TVE e que fora recoñecida en Ribadavia na última asemblea xeral da Rede de Xuderías.

O grupo municipal tamén cuestiona a “doble moral” do PP, ao lembrar que en 2022 promoveu mocións en todos os concellos para condenar a invasión de Rusia en Ucraína, mentres que agora, aseguran, mantén silencio ou mesmo xustifica a intervención militar de Israel en Gaza.

Ribadavia aborrece estes crimes e agardamos que o goberno municipal se manifeste pola paz en Gaza e Palestina”, concluíron desde Ribeiro en Común.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.