Noticias

O Riós mellora a accesibilidade da Casa do Concello e renova o parque infantil

O Riós mellora a accesibilidade da Casa do Concello e renova o parque infantil con dúas actuacións financiadas pola Xunta de Galicia, cun investimento próximo aos 35.000 euros.

Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense, visitou esta mañá as obras acompañado pola alcaldesa, Eva Barrio, para comprobar o resultado dos traballos.

O Riós mellora a accesibilidade da Casa do Concello e renova o parque infantil

Na Casa do Concello retirouse a escaleira de acceso existente para construír unha rampla accesible con varanda, ademais dun novo tramo de escaleiras. No parque infantil substituíronse as antigas baldosas de caucho por caucho continuo e instaláronse novos elementos de xogo.

Foto: Delegación da Xunta.

Durante a visita, Pardo informou tamén de que o Riós recibirá preto de 24.000 euros na convocatoria de 2026 para rehabilitar a praza de Florderrei. O obxectivo é crear un espazo público axeitado para o encontro e o lecer da veciñanza.

O delegado destacou que a Xunta destina este ano máis dun millón de euros a 34 actuacións en 30 concellos e catro agrupacións da provincia de Ourense. Estas axudas, dirixidas a municipios de menos de 30.000 habitantes, permiten financiar ata o 70 % do custo das actuacións.

A Xunta salienta que estas intervencións buscan mellorar a calidade de vida nas zonas rurais. Tamén favorecen a fixación de poboación e contribúen ao equilibrio territorial entre o medio rural e o urbano.

Botón volver arriba