A vila de Laza acollerá o vindeiro 24 de maio a celebración da II Ruarada na das Guerras, unha xornada festiva que mestura música, memoria e tradición con protagonismo feminino e reivindicación cultural.
O programa comezará ás 18:00 horas co coloquio Anacos de Dorothé, conducido pola cineasta Lucía Cedrón, quen afondará na figura de Dorothé Schubarth, musicóloga que percorreu Galicia recollendo cantos tradicionais.
II Ruarada na das Guerras homenaxea a música e memoria popular en Laza
Ás 19:00 horas será a quenda do Obradoiro de Culleres, impartido por Isabel Cid Rivero, unha actividade práctica centrada na percusión tradicional.
A música encherá a tarde-noite coas actuacións de Netas do Arnoia (Baños de Molgas) ás 20:00 horas, e Os Biruxes (Carballiño) a partir das 21:00 horas.

Ao final da xornada, haberá un sorteo de produtos locais e da comarca, e unha “Foliada libre ao remate”, na que se convida ao público a levar os seus propios instrumentos e participar na festa.