O grupo de Teatro Sarabela prepara a estrea da obra Arraianos que se representará no Teatro Principal de Ourense os días 16, 17 e 18 de setembro.
A actividade de Sarabela non cesa e xa ten lista unha nova función. A obra Arraianos estrease a fin de semana que ven no Teatro Principal de Ourense.
Sarabela prepara a estrea da obra Arraianos
O autor dos relatos que Sarabela leva ós escenarios é o ourensán Xosé Luis Méndez Ferrín. A adaptación dos textos foi realizada por Ánxeles Cuña e Fernando Dacosta. É precisamente Ánxeles Cuña Bóveda a encargada da Dirección e dramaturxia de Arraianos.
Sobre o escenario, Sarabela contará con Elena Seijo, Sabela Gago, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Fernando González e o músico Vadim Yukhnevich. Un elenco de intérpretes que garantiza o alto nivel que sempre amosa o grupo de Teatro Sarabela.

As entradas para asistir ó espectáculo están a venta na páxina web de ataquilla.com. O custe das mesmas é de 10€ para as máis económicas e de 15€ para o patio de butacas. Tamén se poden mercar o mesmo día da función no Teatro Principal en horario de 10 a 12h e dende dúas horas antes da función.