Ourense celebra a XVII Semana de Teoloxía do 21 ao 24 de xaneiro de 2026 cun programa centrado na conversión persoal, a renovación pastoral e a unidade dos cristiáns, unha cita consolidada no calendario formativo da Diócesis de Ourense.
A XVII Semana de Teoloxía da Diócesis de Ourense desenvolverase do mércores 21 ao venres 23 de xaneiro. Os actos, sempre ás 20:00 horas, contará con tres sesións de reflexión teolóxica que terán como fío condutor “Volver á fonte para saciar a sede de infinito”, inspirada na cita bíblica “Teño sede de Deus, do Deus vivo” (Sal 42).
Ourense celebra a XVII Semana de Teoloxía
O mércores 21 abrirá o ciclo D. Pedro Fernández Castelao, que abordará “O ser humano e a súa sede de salvación”, nunha xornada presentada por D. Tito Suárez Pérez, profesor do Instituto Teolóxico Divino Mestre.
O xoves 22 será a quenda de D. César Izquierdo Urbina, cun relatorio titulado “Neuman e o camiño á conversión”, presentado por D. Segundo Fernández Movilla, reitor do Colexio Seminario Menor – A Inmaculada.

A programación continuará o venres 23 coa intervención do Emmo. e Rvdmo. Sr. D. José Cobo Cano, quen reflexionará sobre a “Conversión pastoral en tempos de incerteza”. Esta sesión contará coa presentación de Mons. Leonardo Lemos, bispo de Ourense.
A Semana de Teoloxía culminará o sábado 24 de xaneiro, tamén ás 20:00 horas, cunha Vixilia de Oración pola Unidade dos Cristiáns na Catedral Basílica de San Martiño de Ourense, presidida por Mons. Leonardo Lemos Montanet. Este acto final subliña a dimensión orante e ecuménica dunha iniciativa que combina pensamento teolóxico e vida espiritual.
Desde a Diócesis destacan que esta convocatoria busca ofrecer un espazo de formación aberta á comunidade, orientado a responder ás inquietudes máis profundas da persoa e aos desafíos actuais da Igrexa, poñendo no centro a conversión do corazón e a renovación pastoral.
A XVII Semana de Teoloxía conta coa colaboración de entidades como O Liceo de Ourense, o Instituto Teolóxico Divino Mestre, o Centro de Estudos Relixiosos San Martiño e outras institucións vencelladas á formación teolóxica na provincia.

