Eventos

Sobrado do Bispo celebra a festa de San Xoán

A localidade de Sobrado do Bispo celebra a festa de San Xoán durante tres días nos que contarán con xuntanza veciñal, música e a tradicional mollada.

Unha cea popular dará comezo á celebración de San Xoán en Sobrado do Bispo onde a veciñanza se reunirá para compartir a cea co acompañamento musical dunha charanga. Ó remate da cea popular, o DJ Ángel Rocha amenizará a noite para comezar con forma as festas de 2023.

Sobrado do Bispo celebra a festa de San Xoán

Unha charanga durante a mañá do sábado, 8 de xullo, percorrerá a localidade como preludio da gran tirada de fogos. Pola tarde, xogos infantís no campo do Figaldiño e verbena coa Orquestra Status e DJ Ángel Rocha.

Sobrado do Bispo celebra a festa de San Xoán

Para o último día, a comisión de festas contará coa participación da Coral Polifónica de Sobrado do Bispo «Voces e Cordas» para amenizar a misa. Ás 19:30h, un desfile de moda con Yosu con Jota e para rematar, o grupo Fussión, DJ Ángel Rocha e a tradicional mollada.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.