O Xulgado de instrución número 1 de Ourense ordenou o sobresemento da denuncia por presunta prevaricación na Deputación de Ourense.
A denuncia contra Manuel Baltar, Rosendo Fernández e Miguel Caride estaba motivada por negarlle unha compatibilidade laboral a Rafael Rodríguez Villarino, portavoz do PSdeG-PSOE na Deputación de Ourense.
A pesar de contar con informes técnicos favorables, negóuselle a compatibilidade laboral a tempo parcial como docente universitario. O acordo foi tomado no pleno realizado no mes de xullo de 2020 e anulado posteriormente pola xurisdición contencioso-administrativa.