O parque de atraccións Pazolandia mantén os seus prezos para a edición de 2024 ó aprobarse as súas tarifas na Xunta de Goberno da Deputación de Ourense.
Convertida xa nunha cita para familias de toda a provincia, Pazolandia é o maior parque de atraccións de Galicia.
Pazolandia mantén os seus prezos
O prezo da entrada para acceder a Pazolandia no Nadal de 2024 será de cinco euros. Esta entrada terá un prezo de catro euros para os integrantes dos grupos que promoven concellos e asociacións da provincia. Esta edición de Pazolandia comezará o 26 de decembro de 2024 e rematará o 4 de xaneiro de 2025.
Durante esta Xunta de Goberno tamén se fixaron os prezos públicos do Plan de Publicacións correspondentes ó ano 2024. As obras que figuran neste plan son:
- «Historia Completa», coedición coa Fundación Jorge Jove do libro de Manuel Lage Barreiros;
- «Demografía, familia y reproducción social en tierras de Celanova durante el Antiguo Régimen», de Delfina Rodríguez Fernández;
- «La arquitectura del Renacimiento en Ourense. Imagen Urbana», de Yolanda Barriocanal López;
- «Arames e fíos», de Rochi Novoa Vázquez;
- «Guías do Patrimonio. Castromao, Celanova», coedición co Grupo Marcelo Macías da obra de Luis Orero Grandal e Francisco Fariña Busto.