Desde o BNG de Barbadás solicitan o nomeamento dunha nova Secretaria municipal con carácter de urxencia.
«Actualmente non contamos no Concello de Barbadás con ningunha funcionaria habilitada Nacional para cubrir o posto de Secretaría, posto fundamental dentro do organigrama organizativo» sinala o portavoz do BNG, Sarín Núñez.
Solicitan o nomeamento dunha nova Secretaria municipal
Esta ausencia, indica Núñez, levou a que «outra traballadora do servizo a que está desempeñando estas funcións». Destaca o portavoz do BNG que esta situación «non parece a máis acaída para un Concello como o de Barbadás, con preto de 12.000 habitantes e cunha carga de traballo administrativa bastante elevada».
Desde o BNG, solicitan que se atopen solucións a esta situación e sinalan unha posible solución. Ante a existencia na Deputación de Ourense dunha listaxe de Secretarias-Interventores, solicitan que «se poida cubrir temporalmente o posto a través desta fórmula polo que instamos ao Goberno Local a que solicite dito persoal á maior brevidade».