Conoce Ourense

Un talento literario chamado Alexandre Corbillón

Na provincia de Ourense contamos cun novo talento literario chamado Alexandre Corbillón que ós seus vinte anos xa conta con varios recoñecementos.

Estudar en centros de ensinanza de Celanova que levan os nomes de Curros Enríquez e de Celso Emilio Ferreiro puido ter unha clara influenza na vocación literario de Alexandre.

Un talento literario chamado Alexandre Corbillón

No ano 2022, este mozo de Celanova viaxaba a Islandia cunha bolsa de creación literaria que organizaba a Deputación de Ourense. Ó mesmo tempo, Alexandre Corbillón realizaba estudos de psicoloxía e lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela.

Nese mesmo ano publicaba o seu libro de poesía «Cristal» con ilustracións de Lorena Fernández.

Neste ano 2024 que está a punto de rematar, Alexandre Corbillón viviu dous momentos de gran relevancia na súa corta pero intensa traxectoria literaria. Coa obra «Anfisbena do Salitre«, Corbillón lograba o premio Xuventude Crea 2024 na modalidade de poesía.

Un talento literario chamado Alexandre Corbillón

Pouco despois, publicaba o seu segundo libro «O segredo do trasno» coa editorial Aira de Allariz. Este libro, da colección Valilongo, conta co limiar do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín. A presentación da obra tivo lugar no Salón Noble do Liceo de Ourense nun acto no que participou a Coral de Ruada e a artista María do Ceo que puxo música a varios poemas de Alexandre Corbillón.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.