O XI Tangaraño Cultural tamén chegará a Xinzo de Limia cun concerto que se celebrará este sábado no Museo Galego do Entroido.
Este evento supón a incorporación dun novo concello á programación do Tangaraño Cultural de 2024.
O Tangaraño Cultural tamén chegará a Xinzo de Limia
Tras realizarse as primeiras actividades nos concellos de Xunqueira de Ambía e Vilar de Barrio, o Tangaraño Cultural chega este sábado ós concellos de Baños de Molgas e Xinzo de Limia.
En ambos casos, será o Dúo Perrito Piloto que ofreza un atractivo e entretido concerto ós asistentes. Música para bailar e gozar antes da última xornada do Tangaraño Cultural que se realizará en Sobradelo o 1 de xuño.