Noticias

O Tangaraño pasa con éxito por Molgas e Xinzo

O Tangaraño Cultural pasa con éxito polos concellos de Baños de Molgas e Xinzo de Limia antes de afrontar a última xornada da presente edición na aldea de Sobradelo.

Esta dobre cita do XI Tangaraño Cultural formou parte da programación que está percorrendo os concellos de Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, Baños de Molgas e Xinzo de Limia.

O Tangaraño pasa con éxito por Molgas e Xinzo

O alcalde de Baños de Molgas, Manu Movilla, foi un dos asistentes ó concerto que ofreceron o dúo Perrito Piloto. Ó igual que o resto do público, Movilla gozou coa frescura e o talento deste dúo musical.

O Tangaraño pasa con éxito por Molgas e Xinzo
Perrito Piloto actuando en Baños de Molgas

Rochi Novoa, impulsora e organizadora do Tangaraño Cultural, sumouse ó concerto de Perrito Piloto para interpretar algunha peza.

Rochi Nóvoa actuando con Perrito Piloto

Unha vez rematado o evento en Baños de Molgas, a expedición do Tangaraño dirixiuse a Xinzo de Limia para realizar unha nova actuación.

O acto estaba programado no Museo do Entroido onde se realizaba con anterioridade unha mesa redonda sobre a Masificación do Entroido. O concelleiro de Cultura de Xinzo de Limia, Carlos Gómez, foi un dos asistentes a este concerto que ofreceron novamente os integrantes de Perrito Piloto.

O Tangaraño pasa con éxito por Molgas e Xinzo

Aproveitando que a actuación se realizaba no Museo do Entroido, os asistentes puideron observar distintos traxes do Entroido entre os que se atopa o Farrumeco de Sobradelo.

Botón volver arriba