Tanito e Máxico Brais actuarán no Parque dos Patos da Valenzá este xoves, 7 de xullo, dentro da programación cultural de verán do concello de Barbadás.
O espectáculo «Circo Menudo… Menudo Circo» comezará ás 21h . Esta actividade está organizada pola concellería de Cultura de Barbadás.
«A maior atracción do mundo» chega á cidade. Un acontecemento especial que se ve impedido polas dificultades que os camións teñen para acceder ó lugar. Un mago e un clown farán todo que estea nas súas mans para que o espectáculo continúe.