O grupo Teatrino representa este sábado, 28 de xaneiro, a obra «Encaixadas» na Sala Manuel María da Valenzá (Barbadás) a partir das 20h.
A nova proposta que atoparemos sobre o escenario da sala Manuel María da Valenzá estará representada polo grupo de teatro ourensán Teatrino.
Teatrino representa «Encaixadas» en Barbadás
A obra «Encaixadas» é unha traxicomedia na que un grupo de mulleres ten o protagonismo. Dispostas a estrear unha montaxe teatral, este grupo vese atrapado dentro das caixas nas que a sociedade ás agocha. Xuntas loitarán por liberarse ante a inminente chegada do público.