Eventos

Televisionaries actuará no Café Auriense

O grupo de Rochester (New York) Televisionaries actuará no Café Cultural Auriense o próximo domingo, 9 de febreiro, ás 20h.

Este concerto é o único que a formación americana ofrecerá en Galicia durante a súa xira.

Televisionaries actuará no Café Auriense

Numerosas xiras e proxectos musicais contribuíron á evolución deste grupo que mestura o rock clásico e o garaxe. Estados Unidos e Europa forman o principal itinerario das xiras que realiza este grupo.

Televisionaries actuará no Café Auriense

A actuación de Televisionaries é unha das propostas que a Asociación Better Things Club está organizando nos últimos meses. Os interesados en asistir ó concerto de Televisionaries poden mercar as súas entradas no Auriense ou no Rock Club.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba