Témolas mansas, non as poñamos bravas. Artigo de Ignacio Campo González – Presidente Provincial de NNXX Ourense.
Nestas eleccións do 18-F xogámonos o futuro de Galicia para os próximos 10 anos.
Tras 14 anos dun goberno solvente, serio e útil do Partido Popular, o partido que máis se
parece a todos os galegos e galegas, estamos ás portas das que poden ser as eleccións
máis decisivas das últimas décadas.
Contrapóñense neste escenario dúas opcións de goberno, mellor dito, unha opción de
goberno, a do Partido Popular, e, por outra banda, unha opción de desgoberno dun
multipartito da esquerda, no que o PSOE como non podía ser doutra maneira se entregou
sistemáticamente nas mans do partido máis radical e sectario que temos en Galicia, si, o
socio de BILDU e ERC, o tan “maquillado” e independentista BNG.
Témolas mansas, non as poñamos bravas
Dun lado da balanza poñemos experiencia, xestión, seriedade, planificación, diálogo,
sensibilidade, unión e amor por Galicia, todo elo acreditado polos anos de Goberno e polo
apoio incondicional dos galegos, que de novo se repetirá este 18-F; do outro lado da
balanza poñemos un produto feito a través de inexperiencia na xestión, sectarismo,
autodeterminación, imposición lingüística, ruptura e unha grande dose de falsas promesas.
Sabendo isto, e contrapoñendo estes dous modelos, vemos claramente que só unha das
opcións lle pode dar un futuro estable e esperanzador a unha Galicia que funciona e seguirá
funcionando da man de Alfonso Rueda. A outra opción, si a chegaramos a considerar,
mostraría dende o minuto un máis problemas e desacordos que o bipartito que tanto
sufrimos e tanto dano lle fixo á nosa terra, á nosa Galicia.
Estamos ante un momento histórico no que os galegos témoslle que dicir ó resto de
España como se fan as cousas, co noso tan característico sentidiño. Decirlle a todos estes
partidos que antepoñen os intereses propios aos intereses de todos os galegos que en
Galicia non queremos o que están a facer en España, hipotecándonos uns para beneficios
de outros. En Galicia sabemos ben o que queremos, porque unha Galicia que funciona,
unha Galicia que Rueda, ten que seguir facéndoo, e soamente co voto ó Partido Popular
seremos quen de conseguilo.
Témolas mansas, non as poñamos bravas.
Ignacio Campo González – Presidente Provincial de NNXX Ourense.